viernes, 22 de junio de 2012

Grazas a todos

Dende a Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS queremos agradecer a tódos os pais e nais que colaboraron connosco axudando co seu tempo e esforzo, ao Equipo Directivo do Colexio ao persoal do Concello pola súa enorme labor e as voluntarias que prepararon os pratos para preto de 1.300 persoas, entre a unión de todos contribuimos a que a festa de fin de curso 2.011-2.012 fose posible un ano máis. E agradecer á súa presenza a todas as familias que asistiron á festa e compartiron un día tan especial.
Moitas grazas a todos.

martes, 5 de junio de 2012

lunes, 4 de junio de 2012

Invitación comida fin de curso 2012

Campus deportivo concello de Bergondo


Axudas para a adquisición de libros de texto

Informamos que foron publicadas as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2012/2013 en educación primaria, educación secundaria obligatoria e en educación especial. 
O prazo de presentación da solicitude (adxunta) para o alumnado será de 1 mes, según se indica a continuación: 
·         Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
·         Para el alumnado de educación secundaria obligatoria que formalice a matrícula no prazo común: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
·         Para o alumnado de educación secundaria obligatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.
·         Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, siempre que no mesmo curso escolar non estuvieran matriculadas con anterioridade nun centro sostenido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será de un mes e contarase a partires do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso,  prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2013.